Nesta sección, gostariame invitalos a ver o taller de modelado, a medida que vaia tendo un pouquiño de tempo irei enchendo con máis cousas. Esta idea surxiu pola necesidade de dar saida a todalas ideas que runrunean na miña cachola, así que sen máis podedes pasar o taller.
.... TALLER DE MÁSCARAS ....
Cando chega o Entroido, buscamos algo de roupa vella para ir de choqueiro, nos sempre termiñamos buscando o último día, lembrome do ben que o pasamos. Cada ano é un reto distinto, e como tributo a esas risas, decidinme a ir facendo estas máscaras de papel reciclado.